Noticias

21
Jul

Aberto o prazo de inscripción para os equipos de base

A SDC Galicia de Mugardos informa que está aberto o prazo de inscripción para novas incorporacións aos equipos de base. Recordamos que para disfrutar do fútbol no Galicia de Mugardos non existe cuota de inscripción nin cuota mensual. Para obter máis información poden dirixirse ás oficinas do Club no Campo da Pedreira ou ao correo electrónico do Club,galiciademugardos@yahoo.es

As datas de nacemento de cada categoría:

Biberón: Anos 2010 e 2011

17
Jul

Partidos pretemporada

Para preparar unha tempada en Terceira hai que xogar contra grandes equipos. Xa se pode dicir que van pasar por A Pedreira un equipo de Primeira División e dous de Segunda División "B". Nada mais e nada menos que o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol e o Somozas.

Xa sabedes, a encher a Pedreira e vestila de verde.

26
Jun

Comunicado Oficial

A Directiva do SDC Galicia de Mugardos informa que este ano non inscribirá ao Galicia de Mugardos B na categoría de 2ª Rexional. O motivo desta decisión é a falta de xogadores para completar unha plantilla con garantías suficientes para competir durante toda a temporada.

13
Jun

Gala do fútbol de Ferrolterra

O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán Abal, presidiu na noite do venres 12 de xuño a Gala de Fútbol de Ferrolterra - Premios Voltaaría que congregou a preto de 1.000 persoas no magnífico auditorio do Pazo da Cultura de Narón. A FGF tamén estivo representada polo Directivo Pablo Prieto, o Secretario Xeral, Diego Batalla, e o Delegado en Ferrol, Manuel Mesa, máximo responsable da organización do acto xunto a Xan Morales, director do portal web deportivo de Ferrolterra Voltaaría.

Páginas

Suscribirse a Noticias