Noticias

3
Jun

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

O Galicia de Mugardos clasificouse para a seguinte eliminatoria da Fase de ascenso á Liga Galega Xuvenil. O resultado do partido de volta, disputado hoxe na Estrada, foi de Sp. Estrada: 2 - Galicia de Mugardos: 1 , polo que houbo que recurrir aos lanzamentos de penalties nos que resultou vencedor o Galicia de Mugardos polo resultado de 4-3.

1
Jun

Torneo Neda: Biberón

O sábado 9 de xuño celebrarase no Campo Municipal de Neda o III Maratón de Fútbol SDR Neda, no que o Galicia de Mugardos participa na categoría Biberón. Os horarios dos partidos serán:

10:30 : R.Neda - Galicia de Mugardos

12:00 : Ural - Galicia de Mugardos

No caso de clasificarse para semifinais, disputaríanse ás 16:30

1
Jun

Germán Amil non continuará no club

O técnico Germán Amil non continuará no Galicia de Mugardos a vindeira temporada. A Xunta Directiva quere agradecer públicamente a Germán Amil o traballo e esforzo realizado durante as últimas temporadas ao frente do equipo de Rexional Preferente e desexarlle a mellor das sortes para o seu futuro profesional e persoal.

31
Mayo

Copa Afaco Infantil

A final da Copa Afaco en categoría infantil celebrarase o sábado 9 de xuño no Campo da Piscina (San Sadurniño) ás 11:30 entre os equipos Galicia de Mugardos e Ortigueira

Páginas

Suscribirse a Noticias