Estimados socios e simpatizantes:
Como ben sabedes, fai unhas semanas a Real Federación Galega de Fútbol comunicou a proposta para o fútbol galego de cara a esta tempada. A partir do vindeiro mes de Xaneiro voltarán as competicións a Galicia, seguindo o disposto nun plan de desescalada aprobado pola Xunta de Galicia, que inclúe protocolos especiais e medidas de prevención fronte á COVID-19.
Tras unhas semanas moi longas e difíciles, a Xunta Directiva do Galicia de Mugardos acordou o seguinte:
Adoptamos esta decisión con toda a dor do noso corazón, pero dende a Xunta Directiva, tras examinar minuciosamente o Protocolo da Xunta de Galicia, cremos que podemos cumprir co mesmo cun único equipo e non o poderiamos garantir se xuntamos máis categorías.
É hora de ter paciencia e de ser o máis prudentes posible. É o mellor para todos.
Un cordial saúdo,
A Directiva da S.D.C. Galicia de Mugardos.
Mugardos, 30 de Decembro de 2020